Benvidos á paxina web do Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo.
O departamento de Didácticas Especiais está integrado por sete áreas: Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais e Educación Física e Deportiva.
A presenza dos profesorado do departamento repártese nos campus de Pontevedra e Ourense, sendo a sede do departamento neste último campus.
Os seus membros forman parte de diferentes grupos de investigación que participan en numerosos proxectos I+D+i, financiados tanto en convocatorias públicas competitivas (fondos FEDER, proxectos de investigación do Plan Nacional, Xunta de Galicia) como polo sector privado.
Persoal
Didáctica da Expresión Corporal
Didáctica da Expresión Musical
Didáctica da Expresión Plástica
Didáctica da Lingua e a Literatura
Didáctica das Ciencias Experimentais
Didáctica das Ciencias Sociais
Educación Física e Deportiva
Grupos de investigación
Educación, Actividade Física e Saúde
Colaboración e Innovación para a Equidade Educativa e Social
HealthyFit
Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo
Actividade física, expresión e creatividade
Repercusións Educativas, Saudables e Psicomotrices da Actividade Física
Investigación en Contextos Educativos e Socioeducativos
Literatura Infantil e Xuvenil Angloxermana e a súa Tradución
Governance And Economics Research Network